Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 11.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 10-5-2000, acordou:

1º Aprobar definitivamente os estatutos, bases de actuación e plan parcial do SAU-4 de Cacheiras, sempre e cando se modifique a memoria do texto refundido do citado plan parcial no punto 1.5, que en lugar de «... no momento procedemental oportuno o concello transmitiralle o seu 10% de aproveitamento lucrativo ós propietarios do solo polo seu valor urbanístico», deberá dicir: «... no momento procedemental oportuno o concello poderá, se o pleno así o acorda, transmitirlle-lo seu 10% de aproveitamento lucrativo ós propietarios do solo polo seu valor urbanístico».

2º Faculta-lo alcalde-presidente do concello para continua-los demais trámites do expediente.

Teo, 10 de xullo de 2000.

Armando Blanco Martínez

Alcalde