O alcalde, por Decreto do 31-5-2000, aprobou o sistema de selección, as bases e a convocatoria para a provisión, con carácter definitivo, dos seguintes postos de traballo vacantes (oferta de emprego para o ano 2000):
Persoal laboral:
Posto: dous conserxes.
Publicación íntegra das bases e da convocatoria: BOP de Ourense número 131, do 9 de xuño de 2000 (inclúense temario e modelo de instancia).
Prazo de presentación de instancias: os vinte días naturais seguintes ó de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Sistema de selección: concurso-oposición.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.
Verín, 23 de xuño de 2000.
Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde

