Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 11.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2000 referente á convocatoria de concurso-oposición para cubrir un posto de traballo de persoal laboral fixo: técnico de turismo.

O alcalde, por Decreto do 31-5-2000, aprobou o sistema de selección, as bases e a convocatoria para a provisión, con carácter definitivo, dos seguinte posto de traballo vacante (oferta de emprego para o ano 2000):

Persoal laboral:

Posto: un técnico de turismo.

Publicación íntegra das bases e da convocatoria: BOP de Ourense número 131, do 9 de xuño de 2000 (inclúense temario e modelo de instancia).

Prazo de presentación de instancias: os vinte días naturais seguintes ó de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Verín, 23 de xuño de 2000.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde