Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 18 de xullo de 2000 Páx. 11.021

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de xuño de 2000 pola que se lle concede autorización definitiva ó centro privado Fingoy de Lugo, para impartir educación secundaria e, así mesmo, se autoriza o cambio de titularidade.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Fingoy de Lugo, solicitando autorización definitiva para impartir educación secundaria e, así mesmo, cambio de titularidade.

Resultando que mediante escritura pública notarial, herdeiros de Antonio Fernández López, ceden a súa titularidade, para tódolos efectos, ó Colegio Fingoy S.A.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, remitido cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar-lo centro privado Fingoy de Lugo, para impartir educación secundaria obrigatoria e bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais, tecnoloxía e artes, e como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva dos centros existentes no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Autoriza-lo cambio de titularidade a favor do Colegio Fingoy, S.A. con tódolos dereitos e obrigas contraídas polos cesionistas herdeiros de Antonio Fernández López, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre os anteriores titulares do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Terceiro.-Para as ensinanzas de educación secundaria que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Cuarto.-O centro de educación secundaria que pola presente orde se autoriza, deberá cumpri-la Norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada polo Real Decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Sexto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Enderezo: Avda. Aviación Española, s/n.

Código do centro: 27006279.

Denominación específica: Fingoy.

Titular anterior: herdeiros de Antonio Fernández López.

Novo titular: Colegio Fingoy, S.A.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: -4 unidades de educación secundaria obrigatoria.-8 unidades de bacharelato das modalidades de: ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais, tecnoloxía e artes.