O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse estudios de música ou de danza en escolas específicas. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Por outra banda, o Decreto 213/1998, do 10 de xullo, no seu artigo 1 establece que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.
Presentada a solicitude de inclusión no Rexistro de Escolas de Danza pola representante da Escola de Danza Susana Castro de Vigo (Pontevedra), e vistos informes da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-la inclusión no Rexistro de Escolas de Danza a Escola de Danza Susana Castro de Vigo (Pontevedra), segundo os datos que figuran no anexo.
Segundo.-A dita escola queda sometida ó réxime de escolas de danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril), e ós servicios de inspección correspondientes.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.
Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2000.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: Pontevedra.
Concello: Vigo.
Localidade: Vigo.
Enderezo: r/ Cronista Rodríguez Elías nº 2.
Código do centro: 36024124.
Denominación específica: Escola de Danza Susana Castro.
Titular: Susana González Castro.

