Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 18 de xullo de 2000 Páx. 11.022

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de xuño de 2000 pola que se conceden axudas a conservatorios de música públicos non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por Orde do 15 de febreiro de 2000 (DOG do 3 de marzo), publicouse a convocatoria para a concesión de axudas a conservatorios de música públicos non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas axudas pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas, nas contías que se sinalan, ós conservatorios de música públicos que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Desestima-las solicitudes presentadas polos conservatorios de música públicos que se relacionan no anexo II, polas causas que se indican.

Terceiro.-Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, Subdirección Xeral de Centros, Servicio de Xestión de Programas Educativos, antes do 15 de outubro de 2000, a xustificación completa dos gastos realizados.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se

establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Denominación do conservatorioContía da axuda concedida (pesetas)

Arzúa568.181

Betanzos1.883.788

Carballo2.448.957

Culleredo2.665.168

Melide2.234.039

Noia2.427.392

Pontes de García Rodríguez, As2.776.806

Monforte de Lemos568.181

Vilalba3.578.063

Viveiro4.619.626

Barco de Valdeorras, O2.519.679

Carballiño, O2.198.627

Celanova1.033.874

Ribadavia1.629.868

Xinzo de Limia1.690.977

Cangas2.816.381

Estrada, A1.966.276

Gondomar1.865.076

Guarda, A1.842.244

Lalín3.678.988

Redondela2.618.166

Tui2.369.643

ANEXO II

Denominación do conservatorioCausa da denegación

RibeiraA solicitude foi presentada fóra de prazo