Carballo o vinteún de xuño de 2000, Victoria Moyano Ruiz de Alegría, secretaria deste xulgado, fai constar que, con data do 12 de maio de 1999, se dictou sentencia no xuízo de faltas número 471/1997, seguido por furto e danos coa parte dispositiva seguinte:
Que debo absolver e absolvo a Petronila Castillo dos feitos que deron lugar a este procedemento con declaración de oficio das custas procesuais.
Así o fago constar e estendo esta cédula para a súa notificación ó denunciante que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia; informando que contra a sentencia cabe interpoñer recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días perante este xulgado, conforme o disposto nos artigos 976, 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.
A secretaria
Rubricado

