Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 18 de xullo de 2000 Páx. 11.045

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (305/1998).

Carballo, vinteún de xuño de 2000, Victoria Eugenia Moyano Ruiz de Alegría, secretaria deste xulgado, fago constar que, con data do 10 de setembro de 1998, se dictou sentencia no xuízo de faltas número 305/1998, seguido por ameazas coa parte dispositiva seguinte:

Que debo condenar e condeno a Antonio García Caamaño como autor penalmente responsable dunha

falta de ameazas, á pena de 15 días multa, a razón de 1.000 pesetas de cota diaria, con responsabilidade persoal subsidiaria no caso de non pagamento, a razón dun día de prisión por cada dúas cotas diarias non satisfeitas (artigo 53 do Código Penal), así como ó pagamento das custas causadas.

Así o fago constar e estendo esta cédula para a súa notificación ó denunciante que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, informando que contra a sentencia cabe interpoñer recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días perante este xulgado, conforme o disposto nos artigos 976, 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

A secretaria

Rubricado