Eu, Carmen Romero Chamorro, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Marín, fago saber que no expediente de declaración de herdeiros ab intestato seguido neste xulgado co número 2000005/1998, polo pasamento sen testar de Amable Castro Carballo, ocorrido en Marín o día 21 de agosto de 1965, promovido por Manuel Castro Iglesias, parente en segundo grao do causante, se acordou por resolución desta data chama-los que crean con igual ou mellor dereito á herdanza cós que a solicitan, para que comparezan no xulgado a reclamala dentro de trinta días a partir da publicación deste edicto, apercibíndoos de que de non verificalo recaerá sobre eles o prexuízo ó que haxa lugar en dereito.
En Marín o vinteseis de xuño de dous mil.
A secretaria
Rubricado

