En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio e 119 do Regulamento
xeral de contratación do Estado, esta secretaría acordou darlle publicidade á adxudicación dos contratos administrativos que se relacionan.
Forma de adxudicación: os contratos que de seguido se identifican foron adxudicados, logo de tramitación dos correspondentes expedientes administrativos, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, ó abeiro do disposto no artigo 74 e 75 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
A. Contrato administrativo de subministración.
1. Resolución de licitación: 25 de febreiro de 2000.
(DOG nº 47, do 8 de marzo).
1.1.- Obxecto do contrato:
Adquisición de equipamento deportivo para zona de caída de salto de pértega de alta competición para as pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Pontevedra.
Adxudicatario: Moype Sport, S.L.
Prazo do contrato: 3.599.555 ptas.
Prazo de entrega: 35 días hábiles.
Data da resolución: 5 de abril de 2000
B. Contratos administrativos de xestión de servicios públicos.
1. Resolución de licitación: 24 de marzo de 2000.
(DOG nº 66, do 4 de abril de 2000).
1.1. Obxecto do contrato:
Xestión, en réxime de concesión, da cafetería e comedor do Instituto Nacional de Educación Física (INEF) de Galicia, en Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña).
Adxudicatario: El Pazo Díaz, S.L.
Prazo de execución: cinco anos.
Data da resolución: 4 de maio de 2000
3. Resolución de licitación: 24 de marzo de 2000.
(DOG nº 66, do 4 de abril de 2000).
3.1. Obxecto do contrato:
Xestión, en réxime de concesión, da cafetería e comedor dos complexos deportivos de Elviña e A Sardiñeira, A Coruña (A Coruña).
Adxudicatario: Coruña Dos, S.L.
Prazo de execución: cinco anos.
Data da resolución: 4 de maio de 2000.
C. Contrato administrativo de obra.
1. Resolución de licitación: 30 de marzo de 2000.
(DOG nº 68, do 6 de abril).
1.1. Obxecto do contrato:
Rehabilitación de piscinas do complexo deportivo de Monterrei, Pereiro de Aguiar (Ourense).
Adxudicatario: A. Y R. Gómez Crespo, S.L.
Importe da adxudicación: 10.567.420 ptas.
Prazo de execución: 1 mes.
Data da resolución: 18 de maio de 2000.
D. Contratos administrativos de servicios.
1. Resolucion de licitacion: 11 de maio de 2000.
(DOG nº 96, do 19 de maio de 2000).
1.1. Obxecto do contrato:
Conserxería do Instituto Nacional de Educación Física (INEF) de Galicia, en Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña).
Adxudicatario: Metoseyco, S.A.
Importe da adxudicación: 6.810.000 ptas.
Prazo de execución: 1 ano.
Data da resolución: 20 de xuño de 2000.
2. Resolución de licitación: 11 de maio de 2000.
(DOG nº 96, do 19 de maio de 2000).
1.1. Obxecto do contrato:
Vixilancia do Instituto Nacional de Educación Física (INEF) de Galicia, en Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña).
Adxudicatario: deserto.
Prazo de execución: 1 ano.
Data da resolución: 20 de xuño de 2000.
3. Resolución de licitación: 5 de xuño de 2000.
(DOG nº 111, do 8 de xuño de 2000).
1.1. Obxecto do contrato:
Limpeza da totalidade de instalacións docentes, administrativas e deportivas do Instituto Nacional de Educación Fisica (INEF) de Galicia, en Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña).
Adxudicatario: Samyl, S.L.
Importe da adxudicación: 27.559.980 ptas.
Prazo de execución: 2 anos.
Data da resolución: 27 de xuño de 2000.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2000.
P.D. (Orde 22-2-1999)
Eduardo Lamas Sánchez
Secretario xeral para o Deporte

