Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 18 de xullo de 2000 Páx. 11.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/127-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. Igrexario.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: L.M.T.S. de 1.000 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV e de 95 mm Al, que parte da L.M.T. aérea a C.T. Loureda-Ervedíns e final no C.T. prefabricado de Igrexario de 160 kVA e empate a baixa tensión. Concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña