Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. Breixo-Lema (Bandebó).
Situación: Cambre.
Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 990 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 95 mm Al que parte da L.M.T. a C.T.I Breixo-Lema, C.T. a substituír por C.T.C. tipo prefabricado de 250 kVA e final no C.T.C. prefabricado de 160 kVA en Bandebó e rede de baixa tensión de Bandebó. Concello de Cambre.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 12 de xuño de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

