Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 18 de xullo de 2000 Páx. 11.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/129-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. Torrente-Seixeda.

Situación: Sada.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 1.013 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV e 240 mm Al, que parte do C.T. existente Vista Alegre e final no C.T. prefabricado de 160 kVA en Torrente-Seixeda e rede de baixa tensión en con

ductor R.Z. de 689 m en Torrente-Seixeda. Concello de Sada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 13 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña