Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 18 de xullo de 2000 Páx. 11.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Meda. (Expediente IN661A 98/2-3 A.T.).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Iberdrola Diversificación, S.A. con enderezo para efectos de notificacións na r/ Circunvalación nº 17, A Rúa (Ourense), sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Meda; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 22 de maio de 1998, Heliodoro Oviedo Busto, en nome e representación de Iberdrola Diversificación, S.A. solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, do parque eólico denominado Meda, de 11,88 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense do 12 de xullo de 1999, publicada no BOP de Ourense do 12 de agosto 1999, no diario La Región do 27 de xullo de 1999, no DOG do 20 de agosto de 1999 e no taboleiro de anuncios dos concellos de Montederramo, Xunqueira de Espadanedo e Parada de Sil.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros o zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, de se-lo caso, establecesen o condicionado procedente.

Durante o período de información pública, presentáronse as seguintes alegacións:

1. María Rodicio Hidalgo e 8 máis solicitan que se denegue a autorización administrativa e que se

rexeite o estudio de efectos ambientais do citado parque eólico polas seguintes causas:

a) Falta de adaptación ó ambiente das instalacións do parque eólico, o que que supón a ruptura da harmonía da paisaxe e a proximidade a núcleos de poboación, e facendo mención expresa ó artigo 138 b) do texto refundido da Lei do solo, do 26 de xullo de 1992, no que respecta á fundamentación da súa alegación.

b) Localización en terreos non susceptibles de uso industrial.

c) Infrinxi-la normativa vixente en materia de distancias de industrias a núcleos de poboación.

d) Falta de xustificación obxectiva nos datos resultantes para a contaminación acústica.

e) Erros e contradiccións que determinan a falta de fiabilidade do proxecto.

2. Patrocinio Colilla manifesta a existencia dun erro na titularidade de determinados terreos afectados pola instalación do parque eólico, así como a incompatibilidade deste coa explotación mineira dos predios afectados da súa propiedade.

3. José Graña Coello, alega un erro na titularidade das parcelas atribuídas á Comunidade de veciños de Cacharrequille, Os Currás, O Medón e As Ratoeiras, xa que a dita comunidade non existe, sendo as ditas parcelas dos veciños de Cacharrequille.

4. Felisa Rodicio Gómez solicita que se lle expropie a totalidade do predio nº 60 afectado pola citada instalación eólica, por resultar antieconómico o aproveitamento do resto do predio non afectado.

5. Rafael Vallés Urriza presenta fóra de prazo escritos con datas do 14-12-1999, 17-12-1999 e 29-12-1999, e manifesta, en representación da Comunidade de Montes en Man Común de Cabeza de Meda, Pedroso, Cabezo, Devesa e Outeiro de Ratoeiras, entre outras cosas, a indefensión por falta de notificación ós afectados; un erro na relación de bens e dereitos afectados; a súa oposición á declaración de utilidade pública da instalación e a urxente ocupación dos terreos afectados.

Terceiro.-O 3 de xaneiro de 2000, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

MedaMontederramo614.0004.689.000

Xunqueira de615.0004.689.000

Espadanedo615.0004.688.000

Parada de Sil615.0004.687.000

615.0004.687.000

615.0004.686.000

615.0005.686.000

Características técnicas do parque.

Nº de aeroxeradores: 18.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Xeradores: Gamesa G-47.

Potencia total instalada: 11,88 MW.

Producción anual estimada: 32.266 MWh/ano.

Investimento previsto: 1.384.683.923 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

-Interconexión dos aeroxeradores con dous circuítos eléctricos subterráneos a 20 kV.

-Centro de transformación para instalar un en cada aeroxerador de 800 KVA de potencia e r/t 0,690/20 kV, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

A subestación transformadora atópase nas instalacións do Parque Eólico do Sil.

Cuarto.-O 5 de xuño de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que figura no expediente, queda de manifesto que:

1. Con respecto á alegación de María Rodicio Hidalgo e 8 máis, cabe dicir que os alegantes citados, ou familiares directos, chegaron a un mutuo acordo coa empresa para a adquisición e pagamento dos seus terreos, polo que non procede entrar no fondo da alegación.

2. Con respecto ós dereitos mineiros que alega Patrocinio Colilla Gómez, na delegación provincial non existe ningunha concesión mineira en vigor a nome do afectado na zona. O único en vigor (permiso de investigación Olle nº 4167 outorgado o 14-5-1981 está embargado por exhorto 47/83 do Xulgado número tres de Santiago de Compostela. A empresa toma razón respecto ó cambio de titularidade. Non obstante, o alegante deberá presenta-la documentación acreditativa desta no momento do levantamento de actas previas á ocupación.

3. En relación coa alegación presentada por José Graña Coello, existe un acordo do 26-11-1995, do Xurado Provincial de Montes, no que se clasifican os montes denominados Cabeza de Meda e outros,

como pertencentes en réxime de comunidade xermánica ós veciños de: Cacharrequille, Os Currás, O Medón e As Ratoeiras. En caso de persisti-lo problema, a cantidade que fixe o Xurado Provincial de Expropiación permanecerá depositada na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia ata que se aclare a titularidade dos predios.

4. Respecto á alegación de Felisa Rodicio Gómez, esta acadou un acordo amigable coa empresa promotora, polo que o citado predio foi retirado do expediente expropiatorio.

5. Por último, a alegación formulada por Rafael Vallés Urriza foi presentada fóra do prazo legalmente establecido, polo que non procede entrar a valorala. Non obstante e para evitar calquera tipo de indefensión do alegante, hai que sinalar que a notificación se lle realizou á comunidade de veciños que consta no expediente como a propietaria dos terreos obxecto do escrito presentado. En canto á oposición á utilidade pública terase en conta cando se resolva esta.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os tramites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966 e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966 e o artigo 13 do Decreto 205/1995,

RESOLVE:

-Autorizar a Iberdrola Diversificación, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Meda, que se situará nos concellos de Xunqueira de Espadanedo, Parada de Sil e Montederramo.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Iberdrola Diversificación, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 27.693.678 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A devandita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 1.384.683.923 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto,

será necesaria a previa autorización da Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio en Ourense poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Iberdrola Diversificación, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no art. 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, de se-lo caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 5 de xuño de 2000, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria