A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, dos seguintes contratos de obras:
1. Restauración da cuberta de Santa María do Campo en Viveiro (Lugo).
Orzamento de licitación: catorce millóns novecentas quince mil oitenta e seis pesetas (14.915.086 ptas.) IVE incluído.
Prazo de execución: un mes e medio.
Garantía provisional: dispensada.
Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría d.
2. Rehabilitación das cubertas da igrexa do mosteiro de Santa María de Oseira en San Cristovo de Cea (Ourense).
Orzamento de licitación: corenta e dous millóns duascentas trinta e nove mil oitocentas oitenta e seis pesetas (42.239.886 ptas.) IVE incluído.
Prazo de execución: catro (4) meses.
Garantía provisional: dispensada.
Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría d.
Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os proxectos de obras estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.
Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.
Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que se presenten a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación (sobres A, B e C) para cada unha delas.
Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.
O importe do anuncio deste concurso será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2000.
P. D. (Orde 15-12-1997)
Andrés González Murga
Secretario xeral da Consellería de Cultura,
Comunicación Social e Turismo

