Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do viveiro Monte nº 1, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
A) Antecedentes de feito.
Primeiro: mediante escrito 28-9-1999. Secundino Triñanes Viturro e Josefa González Blanco solicitan autorización para transmisión da concesión do viveiro Monte nº 1.
Segundo: os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as caracteísticas do viveiro do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
B) Fundamentos xurídicos.
Primeiro: este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Peca, Marisqueo e Acuicultura.
Segundo: o expediente seguiu tódo-los trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas auguas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta da resolución eleborada polo servicio de recursos mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte
RESOLUCIÓN:
Autoriza-la transmisión interviveros, a favor de Clara Eugenia e Alberto Luis Triñanes González (DNI/NIF: 33240331-H e 52453399-J, respectivamente), da concesión administrativa do viveiro que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Monte nº 1
Situación:
Ribeira C, cuadrícula 8.
Especies autorizadas:
Mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde outorgamento: 13-8-1975 (BOE/DOG nº 193).
Remate vixencia: 13-8-2005.
Actual titular: Secundino Triñanes Viturro (DNI 35.390.274) e Josefa González Blanco (DNI 33.109.481).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira: o actual deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado dende o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesión.
Segundo: transcorrido o prazo indicado na condición primeira sin ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira: o novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra venda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A Coruña, 22 de xuño de 2000.
(P.D. 14-6-1999, DOG nº 120 do 24 de xuño)
María José Cancelo Baquero
Delegada territorial da Coruña

