Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 18 de xullo de 2000 Páx. 11.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 20 de xuño de 2000, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Lugo, avda. Ramón Canosa s/n, 27863 Celeiro-Viveiro.

Nº de expediente: PESAN1 1999/000123-2.

Denunciado: Juan Benigno Ponce Montero.

DNI: 76.408.349.

Enderezo: Río Condomiñas, 4, Cedeira (A Coruña).

Precepto infrinxido: 7.2º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 1.000.001 ptas.

Nº de expediente: PESAN1 1999/000124-2.

Denunciado: Francisco José Leonardo López.

DNI: 76.404.457.

Enderezo: Tras das Cercas. Cedeira (A Coruña).

Precepto infrinxido: 7.2º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 1.000.001 ptas.

Nº de expediente: PESAN1 1999/000135-2.

Denunciado: Juan Benigno Ponce Montero.

DNI: 76.408.349.

Enderezo: Río Condomiñas, 4. Cedeira (A Coruña).

Precepto infrinxido: 7.2º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 1.000.001 ptas.

Nº de expediente: PESAN1 1999/000136-2.

Denunciado: Francisco José Leonardo López.

DNI: 76.404.457.

Enderezo: Tras das Cercas. Cedeira (A Coruña).

Precepto infrinxido: 7.2º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 1.000.001 ptas.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 2091/0154/11/3110000040 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina de Celeiro-Viveiro, título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria.

Celeiro-Viveiro, 20 de xuño de 2000.

P.S. (Artigo 17 Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE 285/1992); artigo 8.4º Decreto 109/1998,

do 5 de marzo (DOG 65/1998)

Alba Paz Boubeta

Secretaria territorial de Lugo