Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 18 de xullo de 2000 Páx. 11.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2000 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de montes MV-30/1999-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei de montes, do 8 de xuño de 1957.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992 citada,

poderá interpoñer recurso de reposición, con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercitar calquera outro que estime pertinente.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Expediente sancionador: MV-30/99-PO.

Artigo infrinxido: 411 do Regulamento de montes.

Denunciado: Manuel Iglesias Fernández.

DNI: 35.202.792.

Último domicilio conocido: Ermida, 23-Marcón (Pontevedra).