Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 18 de xullo de 2000 Páx. 11.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2000, da Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 4/2000, que ten por obxecto a contratación do servicio de caixeiro automático para este hospital.

A Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

I. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, r/ Corredoira, s/n, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

c) Número de expediente: C.P. 4/2000.

II. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: concurso público.

b) Descrición do obxecto: servicio de caixeiro automático.

c) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 73 do xoves 13 de abril de 2000.

III. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

IV. Adxudicación.

a) Data: 30 de maio de 2000.

b) Contratista: Caja de Ahorros de Galicia.

c) Nacionalidade: española.

Monforte de Lemos, 22 de xuño de 2000.

Eleuterio López Louzao

Director médico do Hospital Comarcal

de Monforte de Lemos