Dando cumprimento ó establecido no artigo 18.2º da Lei de 12 de abril de 1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, publícase o seguinte anuncio de adquisición de bens inmobles por este concello:
1. Adquisición de terreo para a creación dunha área deportiva e de recreo no lugar coñecido por Rabos, na parroquia de Moras, a José Pazos Pan e outros no prezo de 4.680.000 ptas. por acordo adoptado na Comisión de Goberno do 25 de abril de 2000, por adquisición directa, que se xustifica nas propias peculiaridades do ben, nas necesidades do servicio e funcións que se van satisfacer, a urxencia extrema da adquisición e a limitación de mercado inmobiliario no lugar onde está situado.
2. Adquisición de terreo para a creación dun espacio libre destinado a recreo e ocio, usos deportivos e culturais, na parroquia de Barrañán, a Ramón Palleiro Huertas no prezo de 3.000.000 de ptas. por acordo adoptado na Comisión de Goberno do 2 de maio de 2000, por adquisición directa, que se xustifica nas propias peculiaridades do ben, nas necesidades do servicio e funcións que se van satisfacer, a urxencia extrema da adquisición e a limitación de mercado inmobiliario no lugar onde está situado.
Arteixo, 13 de xuño de 2000.
P.D. (Decreto nº 587/1999)
Isabel Vila Vilas
Primeira tenente de alcalde

