A Comisión de Goberno actuando por delegación do 8-7-1999, acordou en sesión do 26 de xaneiro de 2000 aprobar inicialmente os estatutos da entidade de conservación así como o regulamento de réxime interior do polígono privado de Piadela por instancia de Tojeiro Transportes, S.A., o que se expón ó público por espacio de vinte días, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para que calquera persoa poida formula-las alegacións que se consideren procedentes.
O expediente de referencia queda de manifesto, durante o prazo sinalado, no Servicio de Urbanismo deste concello-edificio Liceo.
Betanzos, 30 de maio de 2000.
Antonio Lagares Pérez
Delegado de Urbanismo

