O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 24 de febreiro de 2000, adoptou acordo de aprobación definitiva de estudio de detalle de unidade de execución integral-UEI 5a sita nas Cascas, tramitada por José Suárez Castro e outros. Contra este poderán interpoñerse os seguintes recursos:
-Potestativo de reposición ante o órgano que dictou o acordo, prazo dun mes contado desde o día seguinte a esta publicación.
-Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte a esta notificación.
Betanzos, 30 de maio de 2000.
Antonio Lagares Pérez
Delegado de Urbanismo

