Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 18 de xullo de 2000 Páx. 11.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Cervo tramita expediente de contratación co fin de adxudica-la limpeza das instalacións da piscina municipal de Lieiro e as dependencias usadas polo Concello de Cervo na casa do mar de San Cibrao, segundo se indica no prego de cláusulas.

O prazo de execución será dun ano prorrogable nos termos establecidos no prego.

O procedemento será concurso público e aberto pola vía de urxencia.

O tipo de liciación é de 3.500.000 pesetas (IVE e demais impostos e gastos incluídos).

A data límite de presentación de ofertas é de 13 días naturais contados a partir da publicación do anuncio de licitación normalizado no BOP.

Teléfono de contacto para outras informacións: 982 55 77 77.

Cervo, 10 de xullo de 2000.

José Insua Pernas

Alcalde