Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 18 de xullo de 2000 Páx. 11.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOUSAME

ANUNCIO de contratación por concurso.

O Concello de Lousame convoca licitación pública para adxudicación por concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, da seguinte obra, incluída no Plan provincial de recuperación da arquitectura popular: recuperación e reconstrucción de conxunto de muíños e fonte en Brandia.

A) Prego de cláusulas administrativas particulares.

É de aplicación ó prego-tipo de cláusulas administrativas que rexerán a contratación mediante concurso, procedemento aberto... da deputación provincial publicado no BOP nº 77, correspondente ó 3-4-2000; así coma a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural expediente P.200-63/1998 relativo ás indicadas obras, en canto prescricións técnicas.

B) Cadro de características do contrato.

1. Proxecto: recuperación e reconstrucción de conxunto de muíños e fonte en Brandía.

2. Orzamento: 10.000.000 de ptas.

3. Aplicación orzamentaria: 611.00.

4. Prazo de execución: 8 meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Lugar de presentación de ofertas: casa do concello. Oficinas xerais, Portobravo, nº 1.

7. Prazo de presentación de ofertas: 13 días naturais seguintes á publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

8. Garantía provisional: non se esixe.

9. Garantía definitiva: 4% sobre o prezo de adxudicación.

10. Revisión de prezos: non procede.

11. Control de calidade: esixible, sen prexuízo do establecido no anexo III.

12. Apertura de propostas: sexto día hábil seguinte, agás sábado, ó de remate do prazo de presentación de propostas, ás 20 horas na casa do concello.

13. Lugar onde se poden obter copias do proxecto, prego de cláusulas e resolución da Dirección Xeral de Patrimonio: Selecom 99, S.L.-Copynoia, rúa de Galicia, 54 baixo esquerda, Noia.

ANEXO I

Modelo de proposición

D/Dna.... con domicilio en..., rúa..., número..., teléfono..., con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa) nº...; actuando en nome propio (ou ben, en representación de... DNI ou CIF... con domicilio social en...) toma parte no concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, para adxudicación da obra: recuperación e reconstrucción de conxunto de muíños e fonte en Brandia; facendo constar que: 1) Que ofrece o prezo de... (en letra e cifras) pesetas IVE incluído, que significa unha baixa de... pesetas en relación co tipo de licitación. 2) Que coñece e acepta cantas obrigas derivan do prego de cláusulas administrativas particulares, así como a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural referente á obra; así como os criterios de avaliación establecidos no anexo III. 3) Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En..., ... de... de 2000.

O/A licitador/a.

ANEXO II

Modelo de sobre

Proposición para tomar parte no concurso para adxudicacion da obra Recuperación e reconstrucción de conxunto de muíños e fonte en Brandía; presentada por...

En..., ... de... de 2000.

ANEXO III

Opción B) criterios de avaliación. Puntuación (de 0 a...). Puntuación máxima.

1. Solvencia técnica: 10 puntos.

2. Solvencia profesional: 10 puntos.

3. Prezo: 8,50 puntos.

4. Control de calidade externa promovido pola Administración, na fase de execución da obra, por conta e cargo do adxudicatario: 8,50 puntos.

5. Relación de obras da mesma ou análoga clase executadas nos cinco anos anteriores e informes sobre a mesa: 8,50 puntos.

6. Solvencia económica: 7 puntos.

7. Prazo de execución (reducción): 7 puntos.

Lousame, 16 de xuño de 2000.

José Ramón Vidal Castelo

Alcalde