Obxecto: a contratación urxente por este concello das obras denominadas: proxecto básico e de execución de restauración do mosteiro de Monfero.
Tipo de licitación: 10.500.000 ptas.
Prazo de execución: cinco meses.
Garantía provisional: 210.000 ptas.
Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do concello, das 9 horas ás 13 horas, durante o prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, na forma e coa documentación que se indica no prego de condicións e consonte o modelo de proposición anexo a el.
Apertura de plicas: na casa do concello, ás 14 horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, agás sábados.
Anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Información: no Concello de Monfero. Teléfono: 981 79 38 85.
Monfero, 30 de xuño de 2000.
Andrés Feal Varela
Alcalde

