Aprobado inicialmente por esta corporación o proxecto de urbanización da rúa transversal á rúa
Linares Rivas, redactado polo enxeñeiro de camiños Manuel Pisos Veiga e promovido por Proyco Xuvia, S.L.
Exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O expediente estará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios para formula-las alegacións que coide pertinentes.
Narón, 30 de xuño de 2000.
Xoán Gato Díaz
Alcalde

