O Pleno do Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 16-6-2000, aprobou definitivamente o estudio de fixación de alturas na rúa Nova, no núcleo de Xunqueira, promovido polo concello, conforme o establecido no artigo 60 da Lei do solo de Galicia.
Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
No suposto de que se interpoña recurso potestativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente rexeitado. No suposto de rexeitamento presunto do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.
Xunqueira de Ambía, 19 de xuño de 2000.
O alcalde
Rubricado

