De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, a pesar dos dous intentos realizados, cítase o interesado que figura neste anuncio, para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pase a retirar persoalmente ou mediante representante as notificacións que se indican, na Delegación Especial da AEAT de Galicia, sita na r/ Comandante Fontanes, 10 da Coruña.
Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.
Interesado: Construcciones Navales Santodomingo, S.A.
NIF: A-36618155.
Procedemento: acordos de compensación número: 540030000066Y; 540030000067F; 540030000072N.
Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.
Lugar de comparecencia: Delegación Especial da AEAT en Galicia, Dependencia Rexional de Recadación. r/ Comandante Fontanes, 10-5ª (A Coruña).
A Coruña, 12 de xuño de 2000.
Francisco García Magariños
Jefe da Dependencia Rexional de Recadación

