En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 5 de xuño de 2000, a acta expedida polo secretario da devandita federación, Francisco Javier González Outumuro, avalada co visto e prace do presidente, Domingo Lago Martínez, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade pola Comisión Executiva na xuntanza celebrada o 16 de maio de 2000, e que consiste no traslado do domicilio social da federación á Praza de Mina, nº 1-3 esquerda, da Coruña.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2000.
José María Fernández Olea
Director xeral Relacións Laborais

