En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 13 de xuño de 2000, certificación expedida pola secretaria da devandita asociación, María Luisa Gago Castelo, avalada co visto e prace da presidenta, María Sol Núñez Varela, na que se reflicte o acordo acadado na Asemblea Extraordinaria celebrada o 11 de marzo de 2000, e que consiste na modificación e aprobación dos novos estatutos sociais da asociación.
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2000.
José María Fernández Olea
Director xeral Relacións laborais

