Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 19 de xullo de 2000 Páx. 11.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Criadores da Raza Ovella Galega (Asovega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Criadores da Raza Ovella Galega (Asovega) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas físicas ou xurídicas, titulares ou cotitulares dunha explotación ovina rexistrada na Comunidade Autónoma de Galicia, e que sexan posuidoras polo menos dun exemplar de raza ovella galega inscrito no libro de rexistro xenealóxico.

Asinan a acta de constitución: Luis Lamas Álvarez e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais