En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:
O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra dictou a seguinte resolucion:
Asistentes:
Presidente: José Luis Díez Yáñez (delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente).
Vocais:
Teodoro Arribas Serrano (xefe do Servicio de Montes e Ind. Forestais).
Luis Mª Muíños Vidueira (letrado da Asesoría Xurídica da Xunta).
Secretaria: Mª José León Gómez (xefa do Servicio Técnico-Xurídico da Delegación de Medio Ambiente).
Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas e trinta minutos do día 10 de maio de 2000, coa asistencia das persoas na marxe citadas, e escusando a súa asistencia o vocal Serafín Quinteiro Blanco (avogado polo colexio da provincia), e non asistindo malia teren sido oportunamente notificados os vocais representantes do lugar de Barrio da parroquia de
Toiriz do concello de Vila de Cruces Abel Pulleiro Gómez e outro, reúnese na 3ª planta do edificio sito no nº 47 da rúa Benito Corbal o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ó obxecto de decidir sobre a clasificación dos montes Coto Arieira e outros do lugar de Barrio da parroquia de Toiriz do concello de Vila de Cruces.
Antecedentes de feito.
Primeiro.-O presidente da Comunidade de Montes do lugar de Barrio da parroquia de Toiriz do concello de Vila de Cruces solicitou con data do 4-2-1997, a clasificación como veciñais en man común dos montes Coto Arieira e A Caneira, Os Penedos, Estibada da Ponte e Coto da Ponte.
Segundo.-O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais, na súa reunión con data do 3-11-1997, acordou inicia-los trámites para a clasificación dos referidos montes, así como a remisión do expediente ó Servicio de Montes e Industrias Forestais da entón Delegación Provincial de Agricultura, Gandería e Montes de Pontevedra, para o seu estudio e informe.
Terceiro.-Cumprida e observada a tramitación legal e regulamentariamente esixida, nin no trámite de audiencia -exposición pública no concello e publicación no DOG- nin ó longo da tramitación do expediente, formulouse oposición á clasificación instada nin por parte do concello nin de particulares. Así mesmo, segundo certificación rexistral que consta no expediente, as referidas parcelas non figuran inscritas en dominio nin posesión a nome de persoa ningunha.
Cuarto.-Os montes Coto Arieira e A Caneira, Os Penedos, Estibada da Ponte e Coto da Ponte, obxecto do presente expediente de clasificación, obedecen á seguinte descrición segundo a solicitude presentada:
Concello: Vila de Cruces.
Parroquia: Toiriz.
Lugar: Barrio.
Nome do monte: Coto Arieira e A Caneira.
Cabida: 9,60 ha.
Lindes:
Norte: predios particulares.
Sur: camiño.
Leste: predios particulares.
Oeste: ídem.
Nome do monte: Os Penedos.
Cabida: 5,10 ha.
Lindes:
Norte: río Arnego.
Sur: río Arnego.
Leste: río Arnego.
Oeste: varios propietarios.
Nome do monte: Estibada da Ponte.
Cabida: 3,40 ha.
Lindes:
Norte: estrada.
Sur: varios propietarios.
Leste: varios propietarios.
Oeste: varios propietarios.
Nome do Monte: Coto da Ponte.
Cabida: 10,60 ha.
Lindes:
Norte: varios propietarios.
Sur: camiño ó río.
Leste: Concello de Agolada.
Oeste: río Arnego.
Fundamentos de dereito.
1. Trátase en realidade de catro parcelas perfectamente delimitadas por camiños, muros, ríos ou sinais e identificables na súa totalidade nos bosquexos e no monte, considerándose abondosa a planimetría achegada para identifica-los montes sobre o terreo.
2. O aproveitamento e desfrute das catro parcelas corresponde desde tempo inmemorial ós veciños do lugar de Barrio, sen asignación de cotas.
3. En consideración ó exposto, e de conformidade co sinalado polo artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, así como no artigo 1 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, cómpre entender por monte veciñal en man común «...os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades productivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa cualidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños.».
En consecuencia, vistos os preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación ó caso examinado, é proposto polo instructor e de maneira unánime o xurado
ACORDA:
Clasificar como veciñal en man común os montes Coto Arieira e A Caneira, Os Penedos, Estibada da Ponte e Coto da Ponte a favor dos veciños do lugar de Barrio da parroquia de Toiriz do concello de Vila de Cruces por reuni-los requisitos establecidos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, correspondéndose coa planimetría elaborada para o efecto polo Servicio de Montes e Industrias Forestais e que forma parte inseparable da presente resolución, e de acordo coa seguinte descrición:
Nome do monte: Coto Arieira e A Caneira.
Cabida aprox.: 9 ha.
Lindes:
Norte:
Camiño veciñal de Barrio a Fornelos.
Darío Castro García con DNI 35.186.029.
Camiño veciñal da Caneira a Cruz do Coto.
Dolores Pampín Navaza ou fillo Raúl Rivadulla Pampín.
Herdeiros de Manuel García.
Sur:
Camiño veciñal de Barrio a Fornelos.
Darío Castro García con DNI 35.186.029.
Herdeiros de Francisco Sesto Saa (filla) María Sesto Castro e outros.
Leste:
Guillermo Vilar Saa con DNI 35.208.419.
Herdeiros de Manuel García.
Guillermo Vilar Saa con DNI 35.208.419 (ata o camiño de Barrio a Fornelos).
Oeste:
Celso Blanco Sesto.
Benigno Sánchez Méndez con DNI 35.170.846.
Guillermo Vilar Saa con DNI 35.208.419.
Lourdes Navaza Mosteiro.
Nome do monte: Os Penedos.
Cabida aprox.: 5 ha.
Lindes:
Norte: río Arnego.
Sur: río Arnego.
Leste: río Arnego.
Oeste:
Lindeiros desde o río Arnego ó norte seguindo ata o sur.
Julio Pampín Navaza con DNI 76.792.325.
María Luz Blanco Pampín.
Manuel Montoto.
Jaime Sesto Sobrado con DNI 76.792.133.
Esther Navaza Pampín con DNI 179.316.
Guillermo Vilar Saa con DNI 35.208.419.
Isolino Saa Abonjo con DNI 52.483.772.
Nome do monte: Estibada da Ponte.
Cabida aprox.: 3 ha.
Lindes:
Norte: estrada comarcal de Vila de Cruces-Agolada.
Sur:
Carmen Navaza Campos con DNI 76.781.235.
Juan Blanco Pampín.
Raúl Rivadulla Pampín.
Martina Navaza Mosteiro.
Eulogio Blanco Navaza con DNI 35.208.138.
Andrea Gómez Montefusco con DNI 76.800.550.
Leste:
Olga Cajide Méndez con DNI 78.810.478.
Magdalena Navaza Mosteiro.
Herdeiros de José Fernández.
Ramón Sobrino Pampín.
Herdeiros de José Fernández lindando coa estrada de Cruces a Brántega.
Oeste:
Isolino Saa Abonjo con DNI 52.483.772.
Herdeiros de Cesáreo Cajide Alonso (filla) Olga Cajide Méndez con DNI 76.710.478.
Herdeiros de Manuel García (filla) Luz García Navaza.
Armindo Saa Abonjo con DNI 35.170.301.
Isabel Castro Navaza.
Raúl Rivadulla Pampín.
Nome do monte: Coto da Ponte.
Cabida aprox.: 10 ha.
Lindes:
Norte:
Julio Navaza Pampín con DNI 35.173.070.
Sergio Mosteiro Mosteiro.
Julio Navaza Pampín con DNI 35.173.070.
Dámaso Couso Rielo.
Esther Vázquez.
Río Arnego.
Sur: camiño veciñal ó río Arnego.
Leste: Concello de Agolada.
Oeste: río Arnego.
Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da presente notificación, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Pontevedra, 12 de maio de 2000.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra. Presidente
do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

