Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 19 de xullo de 2000 Páx. 11.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2000 pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servicio que se cita. (Expediente 301/2000).

1. Entidade adxudicadora.

a) Universidade de Vigo.

b) Depedencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº do expediente: 301/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de vixilancia no rectorado e edificios anexos e no Campus das Lagoas-Marcosende.

b) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: o importe total para cada lote é:

Lote 1, rectorado e edificios anexos: 2.950.000 ptas. -17.729,86 euros- (IVE incluído).

Lote 2, Campus das Lagoas-Marcosende: 39.000.000 de ptas. -234.394,72 euros- (IVE incluído).

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Oporto, 1, edificio anexo ó Rectorado-3º.

c) Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Fax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

Enderezo: r/ Oporto, 1 - planta baixa.

Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Enderezo, r/ Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo-36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 10 de xullo de 2000.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo