Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 19 de xullo de 2000 Páx. 11.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

EDICTO.

Por acordo do Pleno Corporativo Municipal do Concello de Calvos de Randín, do 16 de xuño de 2000, anúnciase concurso, procedemento aberto, para a contratación da subministración de equipamento para a casa do concello.

1. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración equipamento casa do concello, de acordo co proxecto técnico redactado pola arquitecta Rosario Dacal Rodríguez.

b) Lugar de execución: Calvos de Randín.

c) Prazo de execución: un mes.

2. Orzamento base da licitación: seis millóns cincocentas vintecatro mil oitocentas sesenta ptas. (6.524.860).

3. Garantías:

a) Provisional: non existe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

4. Obtención de información e documentación:

Concello de Calvos de Randín, r/ Eiró, nº 1, código postal 32644, Calvos de Randín, teléfono 988 43 40 00, fax 988 43 41 10.

5. Presentación de proposicións:

a) Data límite: o décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula décimo segunda do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación, tendo que utilizarse como modelo de proposición o que figura no dito prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Calvos de Randín, de 9 a 14 horas.

d) Vinculación da oferta: ata a sinatura do contrato.

6. Apertura de proposicións: no salón de plenos da Casa do Concello de Calvos de Randín ás 12 horas do seguinte día hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

7. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Calvos de Randín, 19 de xuño de 2000.

Antonio Rodríguez Alonso

Alcalde-presidente