Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 19 de xullo de 2000 Páx. 11.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO de licitación.

Por acordo plenario do 29 de xuño de 2000, aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, por poxa en tramitación urxente, da obra denominada: dotación de infraestructuras eléctricas a servicios públicos situados na zona de Vila Cristovo-Sobradelo, anunciando convocatoria de poxa.

1. Obxecto: execución de dotación de infraestructuras eléctricas a servicios públicos situados na zona de Vilacristovo-Sobradelo, de conformidade co proxecto técnico aprobado polo Pleno na sesión do 29 de xuño de 2000.

2. Orzamento. Tipo de licitación: 14.163.803 ptas. (85.126,17 euros).

3. Forma de adxudicación: procedemento aberto por poxa. Tramitación urxente.

4. Prazo de execución: 3 meses.

5. Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: o expediente de contratación e prego de condicións

particulares expóñense ó público durante catro días desde a súa publicación no BOP. Os interesados poden obte-la información que consideren oportuna na Secretaría do Concello de Carballeda de Valdeorras (Sobradelo). Tfno: 988 33 50 02; fax: 988 33 53 79. A data límite para obtención de documentación e información será a de finalización do prazo para presentación de ofertas.

7. Requisitos do contratista: persoa física ou xurídica. Clasificación: subgrupo 1-5/6, categoría C.

No suposto de carecer de clasificación, acreditarase a solvencia técnica segundo o previsto no prego de condicións particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións, de conformidade co modelo que figura no prego de condicións, presentaranse no rexistro xeral do concello, ata as 14 horas do décimo terceiro (13) día natural seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou no DOG (data da última publicación), xuntando a documentación que se especifica no prego de condicións.

9. Apertura de plicas e proposta de adxudicación: terá lugar en acto público no salón de sesións do concello, ás 12 horas do día seguinte hábil (agás sábado) a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas, formulándose a oportuna proposta de adxudicación

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Carballeda de Valdeorras, 11 de xullo de 2000.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa