Obxecto: beirarrúas e servicios na estrada de Castela, tramo O Ponto-Río Salgueiro.
Lugar de execución: termo municipal de Narón.
Prazo de execución: tres meses.
Forma e procedemento de adxudicación: poxa con procedemento aberto e tramitación urxente.
Orzamento: importe máximo: 40.898.995 ptas.
Garantía provisional: 817.980 ptas.
Garantía definitiva: ascenderá ó 4% do prezo de adxudicación.
Información: Negociado de Contratación, Avda. do Mar, parcela 112-polígono industrial da Gándara.
Proposicións: data límite ata as 13.30 horas, dentro do prazo de 13 días naturais, contados a partir do seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.
Anuncio extenso: BOP da Coruña.
Narón, 13 de xuño de 2000.
Xosé M. Blanco Suárez
Alcalde acctal.

