Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 19 de xullo de 2000 Páx. 11.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e a través de contrato de consultoría e asistencia, a seguinte asistencia técnica:

Obxecto: contratación dun gabinete técnico de comunicación.

Orzamento de licitación: 3.250.000 pesetas (con IVE incluído).

Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de duración do contrato: un ano, prorrogable ata un máximo de catro.

Prazo de presentación de ofertas: o prazo de presentación de ofertas será de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no DOG, rematando ás 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 6 de xullo de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa