Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 20 de xullo de 2000 Páx. 11.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 5 de xuño de 2000, aprobou inicialmente o estudio de detalle do SUNP-2 en Salgueiriños, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

O ámbito obxecto de ordenación abrangue unha superficie de 128.994 m, e está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: rúa do Río (entre o número 10 e a confluencia coa rúa das Canteiras de Guadalupe).

Sur: terreos de edificacións situados na traseira da rúa das Canteiras de Guadalupe (a partir do número 56).

Leste: rúa do Tambre, estrada N-550 e terreos do antigo Mercado Nacional do Gando, hoxe ocupados por instalacións da Administración tributaria.

Oeste: rúa das Canteiras de Guadalupe desde o tramo comprendido entre o número 56 e a confluencia coa rúa do Río.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Edicto

De conformidade co previsto no artigo 121.1º da Lei do solo de Galicia, este anuncio servirá de citación, en forma legal, ós propietarios que non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública por descoñecerse a súa identidade ou o seu paradoiro. Para este fin insírese a seguir a relación de parcelas e propietarios afectados, segundo a información remitida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo:

Predios números: 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9.2, 10, 11, 12.1, 12.2, 13, 14, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 35, 36, 37, 38, 39, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 46, 47, 48, 49, 50, 51, 53, 54, 55.1, 56.1, 56.2, 57, 58.2, 59, 60, 61, 62, 63, 64, 65.1, 66, 67, 68, 69, 70, 71, 73, 74, 78, 80, 81, 83, propiedade de Salgueiriños de Viviendas, S. Coop. Ltda.

PredioTitular

1Hros. de José Bao Martínez

9Hros. de Ramona Montero González e José Vilar Vilar

15María Dolores Salgado Viqueira

16Julio Rodríguez Sánchez

17Faustino Gómez Iglesias

18Hros. de Casimiro Veiras Soneira

19Manuel Iglesias Vilar

20Hros. de Gabriel Vilar Liste

21Padres Somascos

22Manuel Rodríguez Alonso

23Antonio Sabel Otero/Demetrio Campos Fernández

34Rodrigo Bao Martínez

68Manuel García Casas

75José Couselo Montero

76Miguel Chenel Otero

PredioTitular

77Celso Martínez Couselo

79Hros. de Ramona Montero González e José Vilar Vilar

82Hros. de Ramona Montero González e José Vilar Vilar

84Luís Villaverde Rodríguez

85Francisco Santos Gómez

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde