A Comisión de Goberno, en sesión do 12 de xullo, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras de camiño local de acceso a Meilán.
Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que poidan presenta-las reclamacións contra eles, contados desde a inserción deste anuncio no BOP.
Ó mesmo tempo, o concello anuncia a licitación do citado contrato de obras, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra os pregos ata a súa resolución:
Obxecto do contrato: camiño local de acceso a Meilán.
Lugar de execución: Concello de Riotorto.
Prazo de execución: 3 meses.
Orzamento de licitación: 7.750.000 ptas, IVE incluído.
Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.
Garnantías: provisional 2% Tipo. Definitiva: 4% do contrato.
Información: o modelo de proposicións e o prego de cláusulas administrativas facilitaranse no Concello de Riotorto (Lugo).
Presentación de proposicións: trece días naturais contados dende o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou no DOG.
Riotorto, 13 de xullo de 2000.
José López Cabodevila
Alcalde

