De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a José M. Moreno Balado a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 12 de maio de 2000, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato de acceso diferido á propiedade da vivenda de protección oficial da que é adxudicatario, recaída en procedemento de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento.
Contra a citada resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme o que establecen os artigos 107, 114
e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:
«Expediente de desafiuzamento administrativo
Resolución.
Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra José M. Moreno Balado, beneficiario da vivenda obxecto da presente resolución, situada na rúa Alcalde Quintanilla Martínez, bloque 8, portal 6, 4º D do Polígono de Caranza, en Ferrol (A Coruña) correspondente ó:
Expediente: C 2CD68, conta 660, por incumprimento do contrato en canto á falta de pago das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.
Tendo en conta os seguintes feitos:
1. Que a entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia emite certificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 216.411 ptas. na data do 17 de marzo de 1999, correspondentes ós recibos desde novembro de 1981 a novembro de 1983, desde xaneiro de 1984 a agosto de 1984 e desde febreiro de 1987 a marzo de 1999.
2. Que requirido por carta certificada con xustificante de recepción, que se atopa incorporada ó expediente, para que no prazo de dez días efectuase o pagamento das cantidades endebedadas a esa data, o dito requirimento foi devolto polo servicio de correos e posteriormente notificouse de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, non sendo atendido no prazo outorgado para o efecto.
3. O 10 de maio de 2000, a débeda ascende a 233.337 ptas., por non pagamento dos recibos seguintes: de novembro de 1981 a novembro de 1983; desde xaneiro de 1984 a agosto de 1984 e desde febreiro de 1987 a maio de 2000.
Fundamentos de dereito.
1. É competente para a resolución do presente expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de acordo co disposto no Decreto 70/1997, de estructura orgánica deste organismo, modificado por Decreto 258/1999, do 17 de setembro.
2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución do contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.
3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24
de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vistos os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,
RESOLVO:
1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que será levada a cabo polo funcionario do IGVS que se designe e polo representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.
Advírteselle ó interesado, que de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación, e achegando xustificante de atoparse ó corrente coa comunidade de propietarios.
2. A resolución en firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.
Notifíquese a presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan. En Santiago de Compostela, o 12 de maio de 2000. Asdo.: José Antonio Redondo López, Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo».
En Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2000.
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda
e Solo

