De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a empresa relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente sancionador simplificado 32.048/2000, por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio (edificio administrativo San Caetano nº 5, 15704 Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir do seguinte día ó da notificación. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:
a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
Expediente: 32.048/2000.
Inculpado: Control Gas, S.C.
Enderezo: c/Juan XXIII, nº 8, oficina 9 (Ourense).
Sanción e motivo: cincocentas mil pesetas (500.000 pesetas). Reclamación. Realizada inspección da instalación de gas, non entregan certificado.
Data da resolución: 21-6-2000.
Ourense, 5 de xullo de 2000.
Antonio Aguarón Turrientes
Xefe do Servicio Provincial de Ourense e do Instituto
Galego de Consumo

