Simultaneamente co prego de cláusulas administrativas particulares que han de rexe-la contratación desta obra, mediante tramitación urxente e por concurso aberto, e que se expón ó público por prazo
de oito días contados a partir da segunda das publicacións deste anuncio no BOP de Lugo ou no DOG, anúnciase a contratación da obra; se ben, no suposto de producirse reclamacións contra aquel prego de condicións, a contratación aprazarase ata que se resolvan polo órgano de contratación.
Obxecto: obras de abastecemento de auga a parroquias do suroeste do municipio de Begonte (1ª fase) (núcleos de Saamil e Insúa, na parroquia do Castro).
Orzamento: 11.279.871 ptas.
Garantías: 225.597 ptas.
Provisional: non se esixe.
Prazo de execución: catro meses.
Información: oficinas municipais do Concello de Begonte.
Clasificación: non se esixe, pero a clasificación no grupo E: hidráulico. Sugrupo 1: abastecemento e saneamento. Categoría A, servirán como criterio puntuable para a adxudicación da obra.
Proposicións: poderán presentarse nas dependencias municipais ata as 13 horas do día dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.
Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
Begonte, 11 de xullo de 2000.
José Pena Rábade
Alcalde

