Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 26 de xullo de 2000 Páx. 11.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO de suspensión de licencias en áreas e para usos determinados logo da aprobación inicial do plan xeral de Burela.

Polo Pleno deste concello en sesión do día 7 de xullo do ano en curso, por unanimidade e en votación ordinaria acordouse, de conformidade co disposto no punto 1º do artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, proceder á suspensión do procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición para as áreas e usos ás que logo se fará mención, e segundo se reflicte na correspondente planimetría, polo período dun ano, contado a partir da última publicación do presente anuncio no BOP, DOG ou nun dos xornais de maior difusión da provincia, como se sinala de seguido:

Zonas de suspensión de licencias.

1ª Zona:

Suspensión de todo tipo de usos, agás os dotacionais públicos, para a área seguinte:

Delimitada pola variante de Burela desde o termo municipal de Foz ata o termo municipal de Cervo

enlazando coa estrada á Marosa subindo polo final dos edificios existentes na rúa Portelo, respectando o fondo edificable na dita rúa continuando pola rúa da Veiga, rúa dos Castros e baixando pola travesía dos Castros ata avda. da Mariña, enlazando coa rúa Nosa Señora do Carme ata o final desta, e subindo pola rúa Eijo Garay ata enlazar coa rúa do Correo, rúa da Estación e seguindo o longo do fondo edificable da avda. Arcadio Pardiñas cruzando en Pomeda ó outro lado do fondo edificable da avda. Arcadio Pardiñas ata rúa das Laxelas, rúa San Xoán Bautista enlazando coa rúa da Igrexa continuando polo fondo edificable da rúa da Fontela, fondo edificable da rúa do Río e fondo edificable da avda. Arcadio Pardiñas ata rúa do Campón subindo a rúa Camiño Real enlazando co final da avda. Arcadio Pardiñas ata o Camiño Real I seguindo o longo do fondo edificable da travesía de Burela N-642 ata enlazar coa variante de Burela. Dentro de toda esta zona descrita exclúese a urbanización de O Torno

delimitada entre a rúa Luis Seoane, rúa Villaestrofe, fondo edificable da rúa Rafael Dieste e enlazando outra vez coa rúa Luis Seoane.

2ª Zona:

Suspensión de todo tipo de usos, agás os dotacionais públicos, para a área seguinte:

Delimitada pola zona portuaria subindo pola rúa Eijo Garay, seguindo pola rúa Celso Emilio Ferreiro, continuando polo fondo edificable da avda. Arcadio Pardiñas e seguindo pola vía férrea ata o final do termo municipal de Burela, limitando co concello de Foz e baixando por un tramo da rúa do Cantiño enlazando coa zona portuaria.

Burela, 13 de xullo de 2000.

Manuel Mon Rouco

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario