Por resolución da alcaldía nº 129/2000 de 4-7-2000, aprobáronse as bases da convocatoria unitaria para a provisión das prazas incluídas na oferta de emprego público deste concello para o 2000, que son as seguintes:
1. Persoal laboral fixo ou indefinido.
Nivel de titulación: certificado de escolaridade ou equivalente. Denominación do posto: auxiliar do Servicio de Axuda a Domicilio. Número de vacantes: dúas.
O contido íntegro das bases atópase publicado no BOP da Coruña, nº 160 do 13 de xullo de 2000.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste estracto no DOG.
Cariño, 17 de xullo de 2000.
Fernando Tallón Cabana
Alcalde

