A Corporación Municipal, en sesión plenaria do 2-6-2000, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes e reaxustamento de aliñacións na rúa Galicia, números 31, 33, 35 e 37, solicitado por José Díaz Lage en representación de Cysem, S.L.
Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa poderase interpor, no prazo de dous meses, recuro contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.
Lugo, 12 de xuño de 2000.
Mª Eva Martín Minguela
Vicesecretaria

