Aprobado inicialmente por decreto de alcaldía do 18 de xullo de 2000, o proxecto de compensación do Plan Parcial de Solo Urbanizable Industrial de Arrufana-Louredo, sométese o citado expediente a información pública durante un prazo de vinte días
mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos do concello para ós efectos de que por parte dos interesados se presenten as alegacións, reclamacións e observacións que se estimen por convenientes.
Mos, 18 de xullo de 2000.
Ramón Alonso Fernández
Alcalde

