De conformidade co acordo da Comisión de Goberno, con data do 15 de xuño de 2000, anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para adxudica-la obra seguinte:
1. Obxecto do contrato.
Obra: camiño entre Muíños-A Lagoa-A Capela-A Chan de Vide (aprobada polo Leader II coa denominación Rehabilitación e Acondicionamento Camiño da Capela).
Prezo máximo de licitación: 13.337.289 pesetas.
Prazo de execución: seis meses.
2. Garantías.
Provisional: 2% do tipo de licitación.
Definitiva: 4% do orzamento do contrato.
3. Presentación de proposicións e documentación complementaria: as propostas admitiranse a partir do día en que se remita ó BOP e ó DOG o anuncio correspondente, ata pasados 26 días naturais despois da publicación do último anuncio correspondente.
4. Modelo de proposición: o contido no prego de cláusulas. Documentación complementaria: a sinalada no prego (e na LCAP).
5. Criterios da selección: os sinalados no artigo 15 do prego de condicións.
6. Apertura de plicas: no salón de sesións do concello, o seguinte día hábil ó do remate da presentación de proposicións ás 13 horas, agás que o día citado fose sábado, en que quedará demorada ó primeiro día hábil posterior.
As Neves, 21 de xuño de 2000.
Raúl Emilio Castro Rodríguez
Alcalde-presidente

