Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 26 de xullo de 2000 Páx. 11.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do 6 de xullo de 2000, do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, de concurso aberto, para a contratación da prestación de servicios auxiliares para este instituto.

1. Entidade adxudicadora: Organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo. Concello de Vigo.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: contratación da prestación de servicios auxiliares para as instalacións do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: un ano con tres posibles prórrogas dun ano cada unha.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria, anticipado de gasto.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 18.000.000 de ptas.

5. Garantía: provisional: 720.000 ptas.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, avda. Castrelos nº 1, Vigo 36210. Teléfono 986 23 74 58; 986 23 59 01. Fax 986 29 10 41.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista nos artigos 16 y 17 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas.

Data límite: 15 días seguintes contados a partir da publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula XII do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obrigación de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do seguinte día hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións perante a mesa de contratación do IMD.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó fixado na cláusula XII.3 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 6 de xullo de 2000.

Santiago Domínguez Olveira

Presidente do Instituto Municipal dos Deportes

de Vigo