1. Entidade adxudicadora: Organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo. Concello de Vigo.
2. Obxecto do contrato.
Descrición: execución das obras do proxecto de construcción dunha nave taller para o IMD.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de execución: 3 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria, anticipado de gasto.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base: 18.000.000 de ptas.
5. Garantía: provisional: 2% do tipo de licitación.
6. Obtención de documentación e información: rexistro do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, avda. Castrelos nº 1, Vigo 36210. Teléfono 986 23 74 58; 986 23 59 01. Fax 986 29 10 41.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non se esixe.
Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas.
Prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no DOG.
Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo de obrigación de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas.
Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte a data de finalización do prazo de presentación de proposicións.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.
11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.
Vigo, 6 de xullo de 2000.
Santiago Domínguez Olveira
Presidente do Instituto Municipal dos Deportes
de Vigo

