Tramitado o correspondente expediente administrativo, o Concello de Tui e co voto favorable da maioría absoluta dos membros desta corporación aprobou en sesión do pleno celebrada o día 30 de maio do 2000 a modificación puntual nº 3 do PXOU de Tui ampliación cemiterio de Areas, unha vez que o citado expediente foi informado favorablemente pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de conformidade co disposto na Lei 1/1997, da Xunta de Galicia.
O que se fai público para os efectos recollidos no artigo 8.d da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo da Xunta de Galicia, facéndose constar do mesmo xeito que publicado o presente edicto no DOG e no BOP, o concello procederá á publicación no BOP das normas urbanisticas (artigo 70 da Lei básica do réxime local modificada pola Lei 34/1994, do 30 de decembro), non entrando en vigor ata a publicación íntegra do seu texto e transcorrido o prazo de 15 días indicado no artigo 65.2º do mesmo corpo legal.
De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, signifícase que contra o citado acordo que pon fín á vía administrativa poderá interpoñerse potestativamente o recurso de reposición ante o Pleno da Corporación o día seguinte ó da publicación do último dos anuncios no DOG ou no BOP.
Contra a resolución do recurso potestativo de reposición poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra ou Tribunal Superior de Xustiza, se é o caso, no prazo de dous meses ó da notificación da resolución expresa do citado recurso.
Se a resolución non fose expresa o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza a desestimación por silencio administrativo.
Así mesmo podera interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo citdo sen necesidade de interpoñe-lo recurso potestativo de reposición; sen prexuízo de que poida exercitar, se é o caso, calquera outro que estime pertinente.
Tui, 16 de xuño de 2000.
Antonio F. Fernández Rocha
Alcalde

